avatar

Ola,
chámome Marcos Pereiro e son actor

Sobre min

De Nucha a Kevin José. Quen o diría! Son todo un camaleón do humor e do audiovisual en Galicia. A Casa da Conexa, Vilamor ou Era Visto! son algúns dos proxectos cos que medrei como actor. Na actualidade sigo traballando como Kevin José e tamén recorrendo galicia nun novo programa xunto co meu inseparable amigo Xosé A. Touriñán.

Vida

  • 1981

    Nacín en Alemaña

    E se cadra son, polo tanto, fillo da emigración. En realidade son fillo de Manolo e Encarna, e teño un irmán, Carlos, máis novo ca min. Aos oito anos volvín a Galicia (e desde entón non volvín marchar).

  • 1990

    Estudei en Culleredo

    No colexio de Tarrío, no interior de Culleredo. Foi alí onde coñecín a Jose (para min), Xosé Antonio Touriñán (para todos vós). Comezamos a facer teatro... e foi así como comezou todo.

  • 2001

    Estudei o Ciclo Superior en Fotografía Artística

    Total, que cando rematei souben que oficialmente era fotógrafo. Aínda que ser fotógrafo é moito máis que ter ese título. Exercín a profesión nalgún xornal logo de rematar os estudos.

  • 2002

    Convertinme en Nucha, das Cantareiras de Ardebullo

    As Fillas da Conexa déronnos todo a Touri e a min. Grazas a elas somos o que somos e vivimos do que vivimos. A elas e á tele, e a programas como Luar, que apostaron por nós cando comezabamos.

  • 2007

    Abrín o meu propio negocio, a Sala The Star

    Era un local de espectáculos en Carral que montei con Touri cando comprobamos que de verdade podíamos vivir de ser cómicos. Catro anos e centos de espectáculos despois, decidimos pechalo en 2012.

  • 2010

    Son atleta

    Porque ser atleta é facer un pouco de todo. Non controlo de lanzamento de peso, aínda que se hai que lanzar algo... lánzase! Son runner, ciclista e moitas cousas máis que se resumen niso: atleta.

Experiencia

Televisión
Voz Audiovisual
2017
Viradeira
Serie chea de aventuras, amor e moito humor. Dirixida por Óscar Pedraza e ambientada na localidade ficticia de Dorneda, cocíñanse as mellores historias baseadas nunha lenda: un barco afundido nas súas augas en 1588, o Agusta.
Nós, TVG
2016-2017
Os Dous de Ardebullo
Programa de humor da Televisión Galicia que se emitiu durante as festas do Nadal. Os actores fan un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.
TVG
2016
Augasquentes
Participación esporádica.
Zopilote
2011-2016
Era Visto!
Comedia familiar a modo de sketches líder de audiencia na TVG. Nela interpreto a personaxes como Kevin José, o fillo adolescente de Moncho e Elvira, ou Ramona Comaneci. Participo en 93 episodios.
TVG, Ficción Producciones
2013 - 2014
A Casa da Conexa
Late-night de humorísticos líder de audiencia no que dei vida a Nucha unha das protagonistas do programa. Xosé Ramón, o granxeiro ou protesión sivil foron outos dos meus papeis.
TVG
2008-2015
Luar
Show de variedades que se emite dende fai 23 anos na TVG. Participei en máis de 100 programas poñendolle cara a numerosas personaxes, entre as que destaca Nucha, unha das Cantareiras de Ardebullo.
Airapro, CTV
2012-2013
Tourilandia
Late-show de humor, sketches e entrevistas presentado por Xose A. Touriñán. Ademáis de interpretar personaxes como Giancarlo Patatessa ou protesión sivil durante os 36 episodios emitidos, tamén traballei como guionista e co-presentador.
Airapro, TVG
2011-2012-2013
Un soño de Nadal, especiais de Mucha e Nucha
Programas especiais de Nadal producidos para a TVG nos que participei como guionista e como actor. Neles, as Cantareiras de Ardebullo, onde interpreto a Nucha, comparten a súa note de Nadal con cos telespectadores.
TVG
2009-2010
A polos 25
Recompilación que conmemora os 25 anos da TVG, no que se recordaban os espazos e as caras máis emblemáticas a canle autonómica. Nel traballei como presentador, dando paso aos diferentes vídeos que formaban o programa.
Zopilote
2007-2009
Air Galicia
Parodia e humor en forma de centos de sketches. En Air Galicia fun Costoia, Fidel Castro, Gran Monchiño, Manuel Rivas, Saddam Hussein, Tucho, Froilán... Participei en 63 episodios
TVG
2006
Mundo Verbena
Late-night de variedades que viaxa por Galicia a través do mundo da festa e das orquestas. Colaborei varias das súas entregas como copresentador e reporteiro.
TVG
2006
En pé de festa
Serie diaria de humor líder de audiencia na TVG. Interpreto a Kevin José, un dos protagonistas, e outras personaxes como Nadia Comaneci. Participo en 93 episodios
Faro
2006
Zapping comando
Espazo que combina sesións de zapping por diferentes contidos con sketchs protagonizados por numerosos actores galegos.
TVG
2005
O Show dos Tonechos
Show humorístico protagonizada por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, no que participei interpretando a varios personaxes.
TVG, Voz Audiovisual, Zopilote
2001-2005
Terra de Miranda
Serie que mestura drama e comedia amosando a vida nunha vila rural de Galicia. En Terra de Miranda fixen o meu primeiro papel na televisión interpretando a Mingos. Participei en 34 capítulos.
Cinema
Zircozine
2014
Encallados
Película que analiza en ton de humor a situación da industria audiovisual galega a través da experiencia dun director de cine e dous guionistas. Dirixida por Alfonso Zarauza, rodouse en Santiago de Compostela.
EnImaxes
2012
Calcetin(e)s
Curtametraxe de comedia dirixida por Iago González.
Vía Láctea Filmes
2012
Vilamor
Longrametraxe dirixida por Ignacio Vilar que conta a vida nunha comuna hippie asentada nas montañas de Galicia a principios dos anos 70. Neste filme interpreto a Alán.
Filmanova
2009
Fútbol de Alterne
TV- movie coral e costumista inspirada nun caso real no que un clube de fútbol modesto é patrocinado por un local de alterne da mesma vila. Está dirixida por Alber Ponte.
Teatro
Os Dous Ardebullo
2006-2018
Cantareiras de Ardebullo
Dúo humorístico que formo xunto con Xosé A. Touriñán e no que interpreto a Nucha. Este espectáculo suma xa con máis de 400 funcións en auditorios e escenarios de toda Galicia.
Contraproduccións
2017-Actualidade
O tolleito de Inishmaan
Un texto de personaxes labrados e brillantes, unha combinación de profesionais de longa e premiada experiencia con novos e xa recoñecidos valores no mundo da interpretación dirixida por Cándido Pazó.
Ainé Produccións
2017
Agora en Serio
Espectáculo con Marcos Pereiro co que celebraron quince anos da súa primeira actuación xuntos, un aniversario moi especial que celebraron facendo o que mellor saben facer: comedia.
Xunta de Galicia
2017
Salvar ao cooperativista Adrián
Monólogo con banda sonora en directo sobre o rescate a un cooperativista desaparecido.
Ainé Produccións
2016-2017
Como ser armario empotrado
Monólogo para ser un auténtico armario empotrado.
Ainé Produccións
2016-2017
Os Tristes
Obra teatral realizada xunto con Federico Pérez.
R , Os Dous Ardebullo
2014-2015
Viramos tolos pola tele
Monólogo colectivo que parodia os magazines televisivos e a súa ampla diversidade de contidos.
Gustavo Pernas
2006
Final de película
Comedia dramática de Gustavo Pernas na que se abordan temas como a desvertebración da familia, a falsa solidariedade ou o machismo disimulado en torno ao fenómeno da inmigración.
Espectáculo
Os Dous Ardebullo
2016
Noites de Retranca
Un dos shows máis vistos no panorama galego, onde participan diferentes cómicos consagrados.
Guionista
TVG
2011
Un soño de Nadal
A parella humorística Mucha e Nucha vive e comparte con todos os galegos as festas de Nadal. Mentres están traballando na limpeza das instalacións da TVG en San Marcos, vénse en voltas nun enredo de tal calibre que deben encargarse de tódalas emisións durante unha noite enteira.

Contacto

A miña axencia de contratación é Ainé

artistas@aine.gal
Twitter
https://twitter.com/mpereiros
Facebook
https://www.facebook.com/mpereiros
Web
marcospereiro.gal

Habilidades

Clown
Fotografía
Improvisación
100 metros lisos
Novato
Avanzado
Experto
Master

Idiomas

Galego
Español
Inglés
Alemán

Hobbies

Fotografía
Running
Música
Balonman
Cociña

Info física

Peso
75 kg.
Altura
168 cm.
Pelo
Moreno-canoso. Curto. Barba
Ollos
Grises
Rango de idade
25-45 anos